Monday 16 de September de 2024

A preocupación pola seguridade nas festas de Oleiros debe de ser a prioridade do goberno municipal.


O Partido Popular espera que non se repitan os lamentables incidentes do verán pasado.

Programados os principais eventos festivos por todo o territorio municipal, que unha vez máis reviven as tradicións locais, ao Partido Popular de Oleiros preocúpanlle que algúns indesexables volvan amargarlles as festas a veciños e visitantes.
Pelexas, agresións de todo tipo, mesmo con feridos, conseguiron que distintas xornadas festivas, pois se reproduciron en varias parroquias ao longo do verán, convertésense, para propios e estraños nun motivo de preocupación.
” Son unhas festas eminentemente familiares. En todos os casos, dunha larguísima tradición, que convocan ademais da os veciños actuais a moitos que esperan a este momento do ano para reencontrarse cos seus amigos e familia” valorou Loli Silva, Portavoz do Grupo Municipal Popular.
“Aproveitando o Pleno ordinario deste mes, imos preguntar ao Alcalde polos reforzos e os plans de autopproteción establecidos para cada un dos grandes festexos populares deste verán” engadiu Silva.